A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou o papel dos investigadores na mellora e fortalecemento do sector vitivinícola, así como na procura da calidade dos viños. Fíxoo na inauguración da 33ª edición do Grupo de Traballo de Experimentación en Viticultura e Enoloxía (Gteve), que se está celebrando, por primeira vez, en Ourense, organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Consellería.
Na celebración deste evento colaboran o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal); a Deputación Provincial de Ourense; o Concello de Ourense; a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Innovación (Gain).