O vindeiro luns día 4 de xuño ás 19:30 horas na sala de exposicións do Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense celebrarase o acto de inauguración da II Semana Vitivinícola de Galicia
Un gran evento organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) xunto coa Deputación Provincial de Ourense no que colaboran tamén a Consellería do Medio Rural, o Concello de Ourense, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL), a Fundación Juana de Vega e o Liceo de Ourense.
Durante os días 5, 6 e 7 de xuño desenvolveranse na cidade de Ourense 7 actividades relacionadas con distintos aspectos do sector vitivinícola galego. Pódese consultar o programa completo en: http://evega.xunta.gal/wp-content/uploads/2018/05/Diptico_II_Semana_vitivinicola_de_Galicia.pdf