Bande acolle a Festa de Exaltación do Peixe de Auga Doce que se celebrará os días 25, 26 e 27 de Maio no municipio ourensán.
O público asistente a este evento poderá gozar ao longo destes días coas numerosas actividades lúdicas programadas para a ocasión.
O público asistente a este evento poderá gozar ao longo destes días coas numerosas actividades lúdicas programadas para a ocasión.
O inicio deste festexo, declarado Festa de Galicia de Interese Turístico, débese á iniciativa dun grupo de amigos que compartían a mesma paixón pola pesca, polo que fai xa máis de 40 anos decidiron realizar un concurso que vén repetindo ano tras ano, o que converte a esta festa nunha das máis antigas de Ourense.
Este evento serve ademais como escaparate para dar a coñecer e promocionar as riquezas gastronómicas do lugar.
Este evento serve ademais como escaparate para dar a coñecer e promocionar as riquezas gastronómicas do lugar.