Acábase de presentar unha nova medida de mobilidade sostible, coa idea de transformar a Lugo nunha cidade do século XXI, trátase dun novo carril bici, que alcanza os 15,2 quilómetros de sendas ciclistas na cidade, ben mediante vías separadas ou zonas de coexistencia, fronte aos 1,54 quilómetros que existen ata o momento.
"É un proxecto ambicioso, que busca converter a bici nun elemento normalizado da paisaxe de Lugo", subliñou a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez na presentación, na que tamén estivo presente o técnico municipal Miguel Ángel Negral. Así mesmo adiantou que dito proxecto foi redactado ademais en base ao Plan de Mobilidade e Espazo Público e ao Proxecto de Promoción da Bicicleta de Lugo, dous instrumentos cos que xa contaba o Concello.
Lara Méndez explicou que a nova rede ciclista foi deseñada cumprindo cinco principios:
1- Cohesión: interna e con outras redes, como por exemplo os autobuses urbanos. Ademais da creación de sendas ciclistas, búsd facilitar tamén a intermodalidade entre bicicleta e transporte público, promovendo a sinerxia entre os dous modos de transporte.
2- Rectitude: tanto en distancia como en tempo; xa que un dos principais motivos que desaniman a coller a bici é a pendente.
3- Seguridade: viaria e saúde vial
4- Confort
5- Atractivo da ruta
Ademais, está definida con criterios de seguridade e comodidade, sempre tendo en conta este carril se implantará en rúas xa existentes.
O ámbito de actuación é o correspondente á estratexia EDUSI de Lugo, Muramiñae, da Muralla ao Miño, financiada ao 80% con fondos FEDER. Os seus límites aproximados son a Avenida da Coruña, Ronda da Muralla, Parque Rosalía de Castro, río Miño cara o río Mera, límite da zona urbana en Abella e rúa Mazaira.