A Guarda acollerá a sexta edición da ruta gastronómica «Tapearte» os venres, sábados e domingos do 18 de maio ao 3 de xuño. Veciñanza e visitantes poderán degustar preto dunha vintena de diferentes #tapas a un prezo único de 2€.
Os bares e restaurantes participantes son: Alameda, ArtCafe A Guarda, Restaurante Bitadorna Vigo/A Guarda, Bocateria Boc&Pix , restaurante camping Santa Tecla, Celtic, El Paseo, Enxebre, Kanella's A Guarda, La Botica, La Casilla, La Pizzicata, Marbella, Novo Funil, O Cangrexal, Pool Chaos, Restaurante Xantar, Restaurante/Tapería Xeito e Taperia Y la luna?.
Os «ruteiros» e as «ruteiras» contarán cun #pasaporte no que, ademais de atopar a información detallada sobre cada unha das tapas, poderán selar aquelas que xa teñan degustado e participar no #sorteo dun 'smartphone' Samsung Galaxy 7J. Ademais, aquelas persoas que reúnan un mínimo de 10 selos, recibirán como #agasallo directo un lote de viño Pazo de Seoane da Adega Lagar de Fornelos (O Rosal).