Bautizo e posta de largo para os viños do morrazo



A IXP Ribeiras do Morrazo é unha realidade dende que Bruselas lle deu luz verde hai uns meses. Pero faltaba un acto formal, un día de festa para celebrar o éxito de anos de traballo dos adegueiros da zona e da administración.

E para un "bautizo" destas características, qué mellor marco que o Mosteiro de Poio, que ademais resulta ser un dos catro principales productores da nova IXP xunto coas adegas Os Areeiros, Ardán e Reboraina.

Alí foi donde Guillermo Martínez, propietario de Os areeiros e un dos principales impulsores do proxecto, reivindicou o presente acadado grazas ao esforzo conxunto e o “brillante futuro” que lle agarda á IXP. Sen esquecer por suposto os deberes pendentes, aproveitando a ocasión para reivindicar a necesidade de “xuntar forzas para mellorar o rexistro vinícola” e seguir loitando para aproveitar unha “gran oportunidade de crecemento para o sector”.

O acto estivo apadriñado pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez,  que festexou unha constitución froito dun intenso traballo durante anos, que permite “poñer en valor” un “producto de calidade que vos permite competir nun mercado cada vez máis globalizado”. Remarcou a importancia de profesionalizar e promocionar correctamente os productos, recordando deberes que trae consigo a IXP como a constitución dun consello regulador.

Pero non era o día de pensar no traballo senón de celebrar. Tras unha visita ao mosteiro comandada polo prior en persoa, os asistentes tiveron a ocasión de probar os viños. Alí estiveron os adegueiros, a conselleira, varios alcaldes da zona e outros persoeiros como o novo director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez Vázquez. E non parece que os caldos colleitaran malas críticas.