[Directo R HGg&T 214_ Guillermo Campos]
É a a festa que faltaba (algún outro habitante da despensa quedará sen exaltación, o prixel e pouco máis…) no calendario galego das celebracións gastronómicas, ou así o pretenden. O caso é que as manciñas do porco non teñen máis recoñecemento mediático no noso país cas que lle fan por San Lázaro ás uñas do cocho, a celebración con raigame que rexistra Santiago de Compostela, con raíces
máis ou menos lonxanas ata o medievo…
Se o rito de subastar e comer as uñas curadas do cocho por San Lázaro, dito de outro modo, as ofrendas multiplicadas polas parroquias do país forma parte do costumbrismo ao longo dos tempos… o de facer cociña arredor das manciñas frescas -esta é a diferencia novidosanon ten precedente, que
saibamos, no noso país.
Na cociña da ampla meseta española destacan pratos con “manitas de cordero”, taméncna sureña, pero por estes pagos septentrionais, son os meus paisanos de Cotobade, e concretamente na freigresía
de Augasantas, os que enriquecerán este verán (30 de xunio, nos anos seguintes será no primeiro domingo de xullo) o prolífico calendario festeiro de Galicia con este xelatinoso bocado, cociñado por un grupo de entusiastas freiguesas dinamizadoras da asociación de vecinos que preside Lino Morales, director escolar que foi en Marín, a prezada vila onde nos coñecemos alá cando empezabamos o bacharelato no colexio San Narciso.
Quere que lle faga o pregón tamén a esta de Augasantas -santuario relevante no itinerario Braga-Santiago a punto de ser publicado- e para min é unha honra abrir a xeira das festa das manciñas como antes me tocou a do Petote e antes, xa andada, as da Filloa de Valongo, terras altas da miña terra nas que teño depositadas as máis agarimosas lembranzas de xuventude, nas que aínda se honra a memoria
do noso paí, Don Benito, cun sentimento tan vivo que me emociona dúas décadas despois. “Ningún fillo chegades a él” díxome ao ouvido unha coetánea confidencial. E terá razón.