A Consellería do Medio Rural convocará no mes de xullo unha nova orde de axudas en exclusiva para o sector da horta e a planta ornamental cun orzamento de catro millóns de euros, cofinanciados nun 75% polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader).
A nova orde subvencionará os investimentos materiais ou inmateriais que supoñan unha mellora das explotacións. Así, inclúense reformas e construción de instalacións e compra de maquinaria e terreos, así como custes vinculados á contratación de enxeñeiros ou proxectos de construción e reforma.
O importe de axuda será de ata o 50% dos custos elixibles ata un máximo de 500.000 euros en catro anos por beneficiario, e teranse en conta criterios como a diversidade de produción, o número de persoas contratadas, as condicións medioambientais e o número de socios ou titulares mulleres.
Así mesmo tamén sumarán puntos as explotacións en zonas de montaña, aquelas que naceran da fusión de varias empresas, as que sexan en ecolóxico e as que teñan seguro agrario contratado. Estas achegas suporán un importante impulso para o sector, xa que a través dos planes de mellora, no 2017 foron 45 as explotacións que recibiron unha axuda por un valor de 1,1 millóns de euros. Agora, este orzamento case se cuatriplican.