Para dar pasos firmes na elaboración do proxecto do Xeoparque de Ortegal e avanzar en cuestións técnicas de cara á formalización da candidatur, reuníronse por vez primeira no Concello de Cerdido representantes dos sete concellos implicados e da Deputación da Coruña .
A cooperación e o traballo conxunto foron a tónica da xuntanza. A desta semana foi tamén a primeira das reunións que se desenvolveu en Cerdido, o concello que asume en primeiro lugar a presidencia segundo os estatutos, e neste encontro concretáronse liñas de actuación como o proceso para a elaboración da imaxe corporativa, as distintas propostas e localización para a sinalización do territorio ou mesmo cuestións técnicas para o futuro plan director.
As reunións desenvolveranse cunha periodicidade trimestral co fin de formalizar a candidatura do Xeoparque. O deputado de Turismo, Xosé Regueira, agarda que en setembro poderá iniciarse xa o traballo sobre o territorio, cando se ultimen as contratacións do plan director e a imaxe corporativa.
Neste tempo, constituirase o comité científico, que se encargará de coordinar as tarefas vencelladas ao expediente e a certificación da candidatura do Xeoparque, por parte do Estado e da Unesco.
Para o Plan director, o comité científico e a imaxe corporativa, o Consello de Dirección do Xeoparque Cabo de Ortegal decidiu asignar unha partida de 100.000 euros, un montante que representa a quinta parte do orzamento total do que dispón o proxecto, cifrado en 500.000 euros.
f_ dicoruna.esd