Varias vilas galegas acollerán un ano máis as feiras ecolóxicas de Galicia Ágora Verde, unha iniciativa que chega á súa terceira edición co obxectivo de informar e concienciar á poboación sobre os beneficios dos produtos ecolóxicos tanto para as persoas como para o medio ambiente.
Preténdese fomentar a comercialización directa dunha gran variedade de produtos certificados como marmeladas, froitas, hortalizas, plantas aromáticas, carne, viños e licores, conservas de peixe, mel, lácteos...
Unha forma de achegar directamente aos productores bio cos consumidores finales dos seus productos e de que os asistentes poidan descubrir novas iniciativas e sabores. Ademais, tamén se celebrarán talleres infantís e degustacións.
A primera das feiras será en Sada, no Boulevard da Av. Da Mariña os días 3 e 4 de Agosto. A segunda celebrarase en Monforte de Lemos, na Explanada da Compañía, entre o 23 e o 25 de Agosto. Seguirá a programación Viveiro, onde os Xardíns de Noriega Varela acollerán a Ágora Verde entre o 30 de Agosto e o 1 de Setembro e pechará o programa a Praza Maior de Lugo entre o 4 e o 6 de Setembro.