Xa van sete anos nos que a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL), co apoio de Turismo de Galicia e a colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores, fai promoción turística e gastronómica da provincia nas saídas de etapa da Vuelta Ciclista a España, xa no seu comezo en Málaga, onde estivo instalado o posto de … E para comer, Lugo, e hoxe en Marbella
Entre as novidades deste ano cómpre destacar a participación da recentemente creada Asociación de Cociñeiros da Mariña, cuxos integrantes estarán presentes nas etapas de Salamanca (4 de setembro), Mondoñedo (6 de setembro) e Candás (7 de setembro) elaborando tapas en directo. Eles son: David Rodríguez Moledo, de A Mirandilla de Rinlo (Ribadeo), Bruno Perna Arnaú, do A Hora de Paula (Mondoñedo), Jesús Villarino Gavín, do restaurante Asador (Barreiros), Jorge López, de O Pazo de Tovar (Lourenzá), Michel Cociña, de Casa Miranda (Burela), Alejandro Arca Uría, de Arume Gastrobar (Viveiro) e Waldo José González, da panadería Rubal (Mondoñedo).
Como en edicións anteriores, o posto de … E para comer, Lugo instálase na zona VIP das 21 saídas de etapa, está atendido por persoal da Asociación e nel sérvense aos visitantes (ciclistas, patrocinadores, xornalistas especializados…) aperitivos elaborados con produtos da terra.
Este ano colaboran os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, así como Avimós, Asovega, Asoporcel, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia e Afapan. Este ano estréanse na lista de colaboradores a firma Leite 100 % Galega e a Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega (Acruga).
Como vén sendo habitual tamén, difundiranse exemplares da guía … E para comer, Lugo.