O stand de ...E para comer Lugo, que acompaña a caravana multicolor de La Vuelta está sendo visitado por distintos persoeiros que se achegan para degustar algúns dos bocados que fan realidade o slogan.
O ex ciclista Perico Delgado e a cantante Nuria Fergó, que lle pon voz á canción oficial de La Vuelta 2018, non dubidaron en fotografarse co eslogan de … E para comer, Lugo en sinal de apoio á marca que abandeira a APEHL e de gusto pola nosa gastronomía.
O ex ciclista visitou o stand na saída da carreira desde Mijas, mentres que a cantante andaluza o fixo en Marbella, punto de saída da segunda etapa da competición.
En Vélez-Málaga, os que se achegaron ao stand foron o redactor xefe e o director do xornal deportivo As, Tomás Roncero e Alfredo Relaño, respectivamente. Tamén a mascota oficial de La Vuelta aproveitou para fotografiarse coa marca e cunha botella de viño da DO Ribeira Sacra.