A deputación de Lugo está
ultimando a posta en marcha do novo Consello Provincial de Turismo, que buscará
impulsar o crecemento e a transformación do sector na provincia para acadar un
modelo máis competitivo e rendible, traballando en prol do desenvolvemento
consensuado dos plans de actuación e promoción conxunta da marca do destino
Trala publicación no BOP o
pasado 5 de maio, acaba de concluir o periodo para presentar reclamacións, polo
que o texto quedou aprobado definitivamente. Por iso dende a deputación xa se
puxeron en contacto coas asociacións e entidades que forman parte deste novo
ente, para que comuniquen o nome das persoas que formarán parte deste Consello.
En concreto, están convocadas un total de 26 institucións,
relacionadas co turismo na provincia, entre as que se inclúe a USC, a
Federación Galega de Comercio, o Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación
Provincial de Empresarios da Hostalaría, a Federación Galega de Turismo Rural,
a Asociación Galega de Axencias de Viaxe, un representante de Auxilia, así como
representantes de grupos políticos, entre outras.