Os xantares e ceas populares en familia e cos amigos en pandilla teñen nome propio e asentan en Viveiro, na Festa do Naseiro ou Romaxe do Bo Xantar, unha acampada “compadreira” e gastronómica a carón do río Landro perante 5 longos e inesquecibles días. Declarada Festa de Interese Turístico Nacional, este ano celébrase do 24 ao 28 de agosto.
Á festa acoden milleiros de persoas procedentes de toda España, que se aloxan nas improvisadas cabanas e tendas de campaña habilitadas para a ocasión, creando un poboado efímero que conta tamén co seu propio mercado e numerosos postos de comida e bebida. Todo isto, aderezado con música e gran variedade de atraccións. A troula comeza xa na tarde do venres, día do polbo, na que se organiza unha gran cea ao son de charangas e gaiteiros. Os restantes días están adicados respectivamente á paella, aos callos e ao caldo, para rematar cunha sardiñada.
O último día, pola tarde, realízase o Descenso Humorístico do Landro, no que os romeus (romeiros) e todo aquel que se queira unir descenden polo río ata o campo da festa, ataviados cos máis singulares disfraces.
A orixe da Romaría do Naseiroremóntase ao ano 1933, cando o poeta Antonio Noriega Varela e José Barros promoven por primeira vez esta iniciativa para exaltar non un alimento en particular, senón a comida en xeral. De aí o seu segundo nome.
O que empezou hai máis de 80 anos como unha reunión de xente do pobo para comer e gozar do lugar, hoxe é xa una das festas máis coñecidas de España e alóngase cinco días.
Viveiro, na Mariña luguesa, é unha vila mariñeira onde o mar, o río e a montaña ofrecen unha paisaxe variada e chea de vida. Conta cun interesantísimo centro histórico no que o románico e o oxival mestúranse co renacentista e o barroco. Para non perdelo.
www.viveiro.es