Grazas ao apoio da Deputación de Lugo e do Concello Viveiro promocionan o seu Centro Comercial Histórico viveirense con 7 autobuses urbanos. O Goberno da Deputación, a petición da Alcaldesa, María Loureiro García, acordou unha colaboración coa Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro de 4.400 euros para financiar os custes da instalación de paneis promocionais na parte traseira destes buses urbanos, cos que poñen en valor o comercio do centro histórico do municipio.
O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, explicou que “dende o Goberno Provincial decidimos colaborar con esta iniciativa porque así no lo manifestou a Alcaldesa do Concello, María Loureiro García, así como os propios membros desta Asociación de Comerciantes”.
“Facémolo, ademais, porque dende a Deputación estamos comprometidos coa promoción e impulso do comercio local, por ser o eixo fundamental no que se sustenta parte da economía da nosa provincia. Dende as administracións públicas debemos contribuír ao impulso dos máis de 5.500 establecementos dos 67 Concellos que, ademais de xerar riqueza, pois representan 13% do PIB da provincia, dan emprego a 12.500 lucenses e que representan”, destacou.
“Queremos concienciar á cidadanía da importancia de mercar no comercio de proximidade e trasladar que mercando nos establecementos locais gañamos todos. Sen o comercio a pe de rúa, os nosos Concellos están avogados á desaparición”, apuntou.
Loureiro García puxo en valor a “importancia que establecementos incluídos do Centro Histórico do Concello teñen para a economía do noso Concello”. Neste senso, a Rexedora municipal recalcou “o compromiso destes empresarios e emprendedores que, a pesares dos tempos de dificultade, continúan apostando polo comercio local e, polo tanto, apostando por Viveiro”.