Co obxetivo de seguir consolidándose como a feira de referencia do gourmet galego, a feira profesional Etiqueta Negra, Gourmet Galego e Innovación Inspiradora, volve ao Recinto Feiral de Pontevedra os días 10, 11 e 12 de novembro con máis de 70 expositores confirmados, co que o número de participantes xa supera ao da anterior edición, e con produtos tan singulares como congro seco, vaca cachena, hidromel, bebidas saudables ou botelo...
Profesionais, produtores e consumidores volverán darse cita en Etiqueta Negra co obxectivo de coñecer as tendencias do sector, establecer novos contactos comerciais e difundir a excelencia dos produtos gourmet e delicatessen galegos. Xunto á actividade da zona expositiva, desenvolveranse espectáculos de cociña en directo, cursos específicos para profesionais e público xeral,
Desde a súa posta en marcha, a organización de Etiqueta Negra primou a singularidade, a orixinalidade e a maior calidade das referencias fronte á cantidade de expositores. E así continúa sendo nesta terceira edición, na que tamén hai que destacar unha maior presenza de starups, como firme apoio ao emprendemento e á innovación. Nos diferentes stands poderanse atopar exquisiteces tales como marmeladas, cervexas, viños, queixos, cafés, licores, vermús, galletas, patés, carnes, conservas, salsas e aderezos, tortas, doces, xeados…
O programa de actividades, a piques de ser pechado, contará coa colaboración de novas promesas da cociña e de destacados chefs galegos como Pepe Solla (Casa Solla), Lucía Freitas (A Tafona) e Iñaki Bretal (O Eirado da Leña), protagonistas os tres da campaña publicitaria de Etiqueta Negra 2018 que se vén de presentar.