MdR 215: Profesionalización, xestión, promoción, coordinación, ... Asignaturas pendentes no eido turístico
Sector importante e aportante (+11% do noso Produto Interior Bruto-PIB) vai o turismo escalando as súas particulares cifras, que en Galicia apuntan aos 6 millóns de visitantes en 2020. Números que, porén, non deberían revelárense como exclusiva base exitosa sen ter en conta parámetros como a estancia media ou o gasto, referentes dunha aposta por un turismo de maior calidade.
Por outra vía van os datos do Camiño de Santiago, 10% máis que nos anos anteriores, inequívoco referente activador de Galicia mundo adiante. En calquera caso, mentras as situacións mudan, Galicia continúa con algunhas asignaturas pendentes en materia de profesionalización, coordinación, xestión e promoción, como puxeron de manifesto os profesionais convocados por HGg&T para analizar a actual tempada.
Na súa compaña Xosé María Palmeiro asomouse a esa fiestra acolledora do turismo para recoller e resumir palabras e esperanzas.
CATRO PUNTOS DE VISTA
Para orientármonos debidamente polos vieiros do acontecer turístico quixemos contar con catro puntos de vista, diferentes e complementarios, polas súas análises e as súas experiencias en materia de xestión, promoción e acollida.
Rubén C. Lois González. Profesor de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e Director Xeral de Turismo de Galicia (2005-2009).
Fátima Cachafeiro Blanco. Presidenta de PROTURGA, Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia.
Sara Santos Ferreiro. Presidenta da Asociación Hostelería Compostela.
Rafael Sánchez Bargiela. Director-Xerente da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, integrada na Axencia Turismo de Galicia, que depende da Presidencia da Xunta.