Novena edición do Día de Colón en Combarrro

Este venres 28 e o sábado 29, celébrase a novena edición do Día de Colón, organizado polas asociacións Combrus, Vides Novas e a dos comerciantes e empresarios de Poio, que contan coa colaboración do Concello. 

O Día de Colón reivindica a orixe de Porto Santo do descubridor de América, temática sobre a que versará o pregón do escritor Carlos de Vilanova.

Os establecemento hostaleiros xa se amosan como os do século XV, có animo de "rivalizar de maneira sa" polo concurso que premiará, entre outros elementos, o menú e a vestimenta de época do persoal.

O acto máis esperado, a chegada da Nao Santa María con Colón e a súa tripulación de mariñeiros, acompañados de músicos e outros artistas do lugar será este vernes as 21:30 horas, e Xusta Medieval, unha das actividades que xera máis expectación, está convocada ás 20.00 horas do domingo

Exhibición de cetrería, bailes medievais na Praza da Chousa a cargo da Asociación Cuna de Moura, festa dos nenos, pasarrúas, os "Entremeses e entresijos para pobres e ricos" , obradoiro de esgrima antiga, batucada, teatro son alguhas das actividades que invitan a achegarse a esta cita.