O xurado técnico do XIV Concurso de Tapas de Lugo comeza a calificación das propostas finalistas coa a rolda de visitas aos locais finalistas deste certame gastronómico mañá venres 28 de setembro ás 19:30 horas en O Figón.
Nesta edición os catro profesionais do sector responsables da valoración son Quique Rodríguez, sous chef do Hotel Villa Magna de Madrid, membro da xunta directiva da Asociación de Cocineros y Reposteros de Madrid e editor de contidos para medios de comunicación especializados; José María Martínez Alonso, conocido como Pepe Beiro, membro do panel de cata do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, asesor enolóxico e integrante de varias asociacións gastronómicas; Constantino Iglesias Fernández, actual director xerente de servizos gastronómicos, docente e empresario en Ourense, e un representante de Estrella Galicia, aínda por determinar.
Durante esta vindeira fin de semana, os catro avaliarán as 12 tapas finalistas e outorgarán cinco premios: un primeiro, un segundo e un terceiro posto e dous galardóns máis á mellor maridaxe con Estrella Galicia e á mellor maridaxe con viño DO Ribeira Sacra.