A Deputación de Pontevedra promocionará no 2019 as Festas de Interese Turístico Nacional e Internacional
A liña maestra da campaña turística 2019 da Deputación de Pontevedra serán as Festas de Interese Turístico Nacional e Internacional, promocionando a historia, cultura, paisaxe e patrimonio dos 61 municipios da provincia por igual.
Así o expuxo a presidenta da institución, Carmela Silva, durante a reunión da Mesa de Turismo, ente que agrupa aos principais axentes do sector no destino Rías Baixas. "O próximo ano queremos facer unha promoción na que os 61 concellos da provincia sexan os protagonistas".
Neste ámbito, a presidenta explicou que entre o 23 e o 27 de xaneiro do 2019 celebrarase FITUR que marcará "o pistoletazo" de saída da promoción anual da provincia de Pontevedra, na que todos os concellos serán rotagonistas.
"Particularmente queremos que o eixo vertebrador sexan as festas de interese turístico nacional e internacional, que falan da nosa historia, da nosa cultura, da nosa paisaxe, das nosas tradicións, da nosa gastronomía e, por tanto, abordan un turismo centrado en multiexperiencias ", destacou a presidenta.
f_ turismoriasbaixas.com