Presentada polo presidente da Asociación Ruta do Viño do Ribeiro, Juan Casares e a Concelleira de Turismo do Concello de Ribadavia, María López, un nutrido grupo de establecementos da Ruta do Viño do Ribeiro e outras procedentes de diferentes puntos da xeografía galega achegarónse a Ribadavia para participar nesta formación impartida por David Mora, experto no sector e especialmente en enoturismo.
A Ruta do Viño do Ribeiro desenvolveu esta acción formativa en Creación e Comercialización de produtos enoturísticos, incluída no Plan de Formación do Cluster de Turismo de Galicia durante a xornada do martes, cunha introdución sobre as potencialidades do enoturismo como factor de desenvolvemento, en territorios como o Ribeiro con recursos patrimoniais e culturais recoñecidos en torno ao viño e a viticultura.
Neste punto fíxose especial referencia ao binomio gastronomía – viño, que introduce o concepto de enograstronomía, produto, do que está en desenvolvemento en Galicia coa elaboración do Plan Estratéxico de Enogastronomía de Galicia.
A segunda parte da formación estaba dirixida á creación de produtos enotrísticos onde , a través do traballo en grupo, as persoas participantes fixeron unha diagnose de creatividade para, posteriormente poñer en práctica os coñecementos adquiridos, deseñando potenciais produtos enoturísticos atractivos.
O obxecto desta formación é promover a profesionalización do sector enoturístico, e traballar na mellora continua dos servizos que se ofrecen en establecementos da Ruta do Viño do Ribeiro, así como tecer redes para potenciar o traballo conxunto e aproveitar as sinerxias entre participantes.