A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia organiza a principios de novembro un curso sobre as diversas contendas que afectaron a Galicia durante a súa historia, dende a antiga Gallaecia ata a Segunda Guerra Mundial.
O curso leva por nome o suxestivo nome de “Guerra e paz” en Galicia, un guiño a Tolstoi para nomear un curso que se celebrará entre o 2 o 4 de novembro e que integrará un completo programa de conferencias.
O curso comezará o venres cunha conferencia sobre “Guerra e sociedade na antiga Gallaecia”, seguida por “Os Irmandiños, Guerra e Paz”, “A Contraarmada” e “ “Entre Drake y la batalla de Rande: a conflictividade bélica no Reino de Galicia no s. XVII”.
O sábado o día arrancará con “Guerra Naval e presenza do Corso nas costas galegas . s. XVI-XVII” , seguida de “A Guerra da Independencia en Galicia”,“A defensa de Costa en Galicia a través da Historia” e de “Espionaxe e estratexia en Galicia na Segunda Guerra Mundial”.
Para o domingo, último día das xornadas, quedará “A minería do Wolframio en Galicia na Segunda Guerra Mundial” e “Primeira Guerra Mundial en Galicia, o caso de Vigo”.