A recente declaración de Cambados como municipio enoturístico do ano 2018 e a declaración do Albariño como Festa de Interese Turístico Internacion déronlle folgos ao concello para seguir renovando a súa estratexia de promoción turístico.
O concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, vén de anunciar a creación dunha edición invernal da Festa do Albariño, na que os protagonistas absolutos serán os espumosos da zona.
Trátase dunha revisión da cata de espumosos de aforo limitado que se viña celebrando outros anos, na que as bodegas participantes levaban tempo reclamando unha revisión para permitir unha maior afluencia de público.
Agora o concello recolle esta reclamación e celebrará unha minifesta do Albariño na nave José Peña, instalando casetas para comercializar os espumosos e demais productos da bodega. Este ano o evento durará un día, o 15 de decembro, pero non se descarta amplialo a toda a fin de semana en posteriores ocasións. Incluirá degustacións e algunha actuación musical.