Esta semana as embarcacións tradicionais galegas reúnense na praza do Obradoiro para celebrar o 25 aniversario da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial de Galicia (Cultulmar). Falamos co seu directivo Víctor Fernández, que nos anima a achegarnos ata Santiago este sábado para descubrir o noso patrimonio marítimo e fluvial.
Antes de nada, explícanos por qué decidistedes levar estas embarcacións tradicionais ata o Obradoiro.
Hai tres razóns. A primeira é que se cumpren 25 anos do primeiro encontro de embarcacions tradicionais para reivindicar
o noso patrimonio marítimo e fluvial. Desa mesma concentración no 93 en Ribeira
saíu o que hoxe en día é Cultulmar. E a esa mesma concentración acudiu a "Nova
Marina", unha réplica da Marina, a última embarcación xeiteira. Un barco emblemático en Galicia case desaparecido que se recuperou e foi quen de navegar. Ese foi o
fito fundacional, o inicio de todo este movemento de embarcacións tradicionais.
Para celebrar estes tres motivos pareceunos importantes levar a cultura dos mares e dos ríos a un sitio tan emblemático como é a praza do Obradoiro .
¿Qué atopará o visitante que se achege a Santiago esta semana?
Vaise encontrar con 21 embarcacións representativas das
embarcacións tradicionais de Galicia. Son embarcacións de diferentes
tipoloxías, que moitas delas xa non existen porque deixaron de ter unha función
no mundo do mar. Só é posible miralas grazas á labor das asociacións incluidas en Culturmar. E ademais de ver os barcos tamén está alí toda a historia
de quen construía esas embarcacións, ligadas a cada barco hai historias de
cancións, contos… Está tanto o patrimonio material como o inmaterial ligado a
cada embarcación.
As embaracións están expostas toda a semana, pero para o sábado tedes algo especial...
O sábado remata a semana cun acto no Museo do Pobo Galego,
van intervir diferentes persoas para explicar como foron os inicios do
movemento, cales son os retos nos que estamos traballando, tamén se vai
estrenar un vídeo que recolle o que foron os 25 anos. É un acto oficial ao que
poden achegarse todas as persoas que queran.
Os aniversarios son bo momento para facer balance, ¿en qué punto nos atopamos para a conservación do patrimonio marítimo?
Nos atopamos nun momento moi importante, podemos dar un pulo
bastante grande. Levamos bastantes anos traballando polo recoñecemento destas
embarcacións como patrimonio cultural. Todo o mundo ten claro que un hórreo é
un elemento da cultura galega, así como unha ponte, unha hermida… Pero cando
falamos da carpintería de ribeira non o ten tan claro. Está a piques de saír
unha lexislación que recoñece o patrimonio marítimo a partir do saber facer dos
carpinteiros de ribeira, ese coñecemento que se transmite de xeración en
xeración. Esta maratón na que levamos 25 anos está a piques de ver a súa meta.
A partir do 2015 co premio da cultura de Galicia no apartado de patrimonio se
nos abriron bastantes portas na administración, proxectos nos que levamos
traballando dende hai 25 anos parece que ahora van a comezar a mirar a luz.
¿Qué permitirá esta nova lexislación?
Vai a permitir dúas cuestión claras: posta en valor do
patrimonio e dinamización do patrimonio. O patrimonio ten sentido no seu tempo en función duns traballos… Unha vez que cambian os tempos ese
patrimonio ou se lle dá outro uso ou desaparece. E precisamente esta
lexislación permitiranos seguir dinamizando o patrimonio para que non se perda. Na medida que se revaloricen as embarcacións revitalizaranse
actividades como a carpintería de ribeira. Temos que ter uns cauces legais que nos permitan facer saídas cou xente ou atraer á mocidade cara as escolas de navegación.