No mes de novembro impartirase o curso "Los Grandes Clásicos" no Museo Etnolóxico de Ribadavia, en colaboración con Galicia.Wine, a Asociación de Amigos do Museo de Ribadavia, a Feira do Viño do Ribeiro e a UNED - Universidad Nacional de Educación a Distancia de Ourense.
Está dirixido a aficionados e profesionais do viño que deseen coñecer mellor as características das rexións vitivinícolas máis recoñecidas de Europa, aprendendo as particularidades que definen os seus viños e desarrollando as capacidades sensoriais para disfrutalos.
Será os días mércores 7 e os venres 16 e 23 de novembro de 2018, en horario de 18.00 a 21.30 h. O curso estará impartido por Jorge Vila Fernández, director de Galicia.Wine
No curso terase a ocasión de aprender sobre os 4 grandes do viño mundial, non só tendo en conta a súa produción se non tamén por tradición de séculos elaborando viños de alta calidade.
Para anotarse, pódese facer a través do enlace da web ou na UNED Ourense (988371440).