Melide reivindica os seus "días de máis de 24 horas"

O Concello de Melide acaba de editar un novo folleto de información turística para a promoción da vila entre os visitantes e peregrino. 


Baixo o lema “Un día en Melide dura máis de 24 horas”, aglutínase toda a información necesaria para non perder os imprescindibles da vila para que as persoas que se achegan ao corazón de Galicia poidan aproveitar ao máximo o seu tempo e pasar un día diferente.


O folleto inclúe unha planificación para pasar un día completo en Melide: mañá, tarde e noite. Poderán coñecer os elementos patrimoniais do municipio, gastronómicos, culturais e distintivos da vila xunto cun rueiro que os localiza de forma exacta sobre o mapa.

A alcaldesa de Melide, Dalia García apunta “que se trata dunha maneira moi gráfica e intuitiva para todo aquel que queira coñecer os indispensables de Melide nun folleto moi manexable, versátil e dinámico”.