A asociación de Profesionais do Turismo de Galicia (Proturga) organiza entre hoxe e mañá no hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela un curso sobre Revenue Management, ou o que é o mesmo, estratexias para vender o produto axeitado ao cliente axeitado no momento axeitado.
O curso está impartido por Félix Zulaica e ten un enforque eminentemente práctico, preténdese que os participantes adquiran unha visión xeral amplia do Revenue Management que permita aos participantes trazar e aplicar a súa estratexia e, ao mesmo tempo, afondar en diferentes técnicas e ferramentas para ser eficientes.
Está dirixido a profesionais do turismo, directores de hotel, xefes de reserva e/ou recepción, responsables comerciais e de ventas e financieiro así como para estudantes de turismo que queiran especializarse nesta área do turismo.
Preténdese que cando o remate o curso todos os participantes poidan entender e poder explicar o revenue management e os seus beneficios á organización, segmentar aos clientes (e potenciais) do hotel e saber qué datos necesitan para facer un revenue que aporte ventas e beneficios incrementais, así como recoñer as tendencias actuais e futuras do revenue e unha serie de ferramentas e recursos útiles.