Un
total de 16 empresas conserveiras reciben esta mañá as medallas
individualizadas que as acreditan como triunfadoras das catas HGg&T entre 2013 e 2017, nun acto
celebrado nas instalacións de ANFACO-CECOPESCA.
Unha
entrega de diplomas que certifica que as conserveiras obtiveron algunha medalla
de ouro ou prata nas catas celebradas neste quinquenio, demostrando que
seguiron apostando pola calidade nun período de plena crise.
O Secretario
Xeral da Asociación
Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados, Juan Manuel Vieites, fixo as veces de mestre de
cerimonias, entregando parte dos diplomas xunto a Guillermo Campos, fundador de
revista Hostalería Galega e Turismo e
Victoriano Castro, director comercial.
A cerimonia,
é a segunda parte da GALA DO TURISMO E A
GASTRONOMÍA DE GALICIA celebrada no Carballiño na primavera, na que foran
proclamadas esas distincións.
Naquela
ocasión, como se lembrará, fíxoselle entrega aos consellos reguladores e
entidades asimilables representantes dos colectivos produtores, as
certificacións acreditativas dos podios conseguidos polos seus representados.
Agora toca entregar a distinción, individualmente, a cada empresa distinguida
no ámbito dos viños, queixos, chacinas, cafés, aceites, cervexas, etc.
A
entrega dos diplomas en ANFACO-CECOPESCA
forma parte dun completo calendario no que se entregan as distincións ás máis
de 300 marcas distinguidas: O luns 19 entregáronse na D.O. Rías Baixas, o
mércores seguinte na D.O. Ribeiro, o luns 26 os da D.O. Ribeira Sacra, e a D.O.
Valdeorras, o 30 de novembro na sede do Agacal entregaranse conxuntamente os
diplomas para queixos, cervexas, cafés e aceites; e o 3 de Decembro os da D.O.
Monterrei.
No
primeiro trimestre próximo, HGg&T anunciará a convocatoria da Gala do
Turismo e a Gastronomía de Galicia 2019, na que se proclamarán os podios das
catas celebradas ao longo de 2018, coa que rematarán as celebracións do XXV
aniversario da fundación e edición ininterrompida da revista sectorialmente
hexemónica no cuadrante noroeste peninsular.