Do 29 de novembro ao 5 de decembro o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), proxectá cerca de 70 traballos, entre longametraxes, curtos e series de televisión, de 17 países distintos, durante .
Un certame que tamén homenaxeará ao actor Luís Tosar, quen recibirá o premio Cidade de Ourense; á actriz Mabel Rivera, premio Fundación AISGE a toda a traxectoria; e ao director ourensán Xavier Bermúdez, a quen se outorgará o galardón Calpurnia de Honra.
Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, considera que estamos ante un certame "potente" con clara vocación universal e de permanencia, "o festival do cinema de Galicia" cuxa edición número 23 supón un salto de calidade. A programación do Festival de Cine de Ourense 2018 que hoxe se presentou no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" é "o programa da ilusión" e a Fundación Carlos Velo foi "fundamental na celebración desta 23 edición", dixo Manuel Baltar.
Para a Deputación de Ourense "a cultura, con maiúsculas, é un elemento competitivo e diferenciador. Temos unha parte importante do cine de Galicia con protagonismo ourensán, tiñamos un Festival con 22 edicións celebradas, e teremos un festival con, polo menos, 22 edicións máis, que non se van a materializar só na vindeira edición, senón que durante todo o ano queremos levar a cabo diversas actividades vencelladas ao cine por toda a provincia", adiantou o presidente do goberno provincial.
O coordinador artístico do certame, Miguel Anxo Fernández, destacou, así mesmo, que a pesar de tratarse dunha edición organizada en tan só 7 semanas, ofrece un programa "variado" e cualificou o festival de "feliz realidade" froito dun desafío e un intenso traballo en equipo.
O actor "máis internacional dos nosos actores", segundo Miguel Anxo Fernández, Luís Tosar, será un dos invitados de honra ao OUFF. O intérprete recibirá o premio Cidade de Ourense como recoñecemento á súa traxectoria, coincidindo co vixésimo aniversario da súa primeira película.
Así mesmo, a actriz Mabel Rivera acudirá á gala de clausura para recoller o premio Fundación AISGE a toda a traxectoria; e o cineasta ourensán Xavier Bermúdez, "o máis laureado do cinema ourensán", recibirá o Calpurnia de Honra.
f_ depourense.es