
A esta cita acudiron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, que felicitaron en persoa ao premiado e destacaron o prestixio dos produtos galegos do agro, que fan da despensa de Galicia un reclamo turístico ao contar a día de hoxe con 33 selos de calidade.