"Arte privada en Ourense"

A Deputación de Ourense ofrece a posibilidade de coñecer a exposición que impulsa a institución, "Arte privada en Ourense", a través de dous modelos de visitas guiadas no centro cultural "Marcos Valcárcel". Para elo, os interesados poderán concertar visitas específicas para escolares ou grupos a través do número de teléfono 988317893 ou no mail centrocultural@depourense.es. Estas visitas guiadas son diarias, de luns a venres.

Así mesmo, os sábados e domingos, ás 12.00 horas, realizarase unha visita guiada e gratuíta, aberta á participación de tódolos visitantes que o desexen. Esta visita, que terá una duración aproximada de 40 minutos, permitirá visualizar esta mostra extraordinaria desde unha nova perspectiva, coñecendo anécdotas e moitas curiosidades dalgunhas das obras que se expoñen e dos seus autores.