A Consellería do Medio Rural vén de ofrecer o
seu compromiso á Fundación Semana Verde para celebración da Feira Internacional
de Galicia Abanca. Así se sinalou nun encontro entre os directores
de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e da
Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria, Agacal, Manuel Rodriguez, e o
director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán.
Deste xeito, mantense a axuda que Medio Rural
viña ofrecendo a este evento, que supón un instrumento dinamizador para a súa
contorna e no que ademais se aproveita para facer promoción das nosas razas
autóctonas.