
Don Crisanto, Queinaga e Daniberto foron galardoados con ouro, prata e bronce, respectivamente na categoría de Queixo-Teltilla; Dona Cobina, Alimentos Ruta Xacobea e Bama, en Arzúa-Ulloa, denominación na que foi distinguido a maiores na variante de “Curados” Artelac con Medalla de Ouro.
En San Simón da Costa o podio quedou conformado polo ouro de Don Crisanto, a prata de Fontelas e o bronce de Daniberto; mentras que en Cebreiro levou ouro o Gran Despensa, da Abadía de Samos; e Sto. Andre, tamén ouro, pero en curado.
En canto ás meles, na categoría de multiflorais, triunfaron O Cortizo, Barbanzamel e O Garabulleiro, ouro prata e bronce, respectivamente; e en monoflorias e na mesa orde Mel do Saldoiro, Flor de Veiga e Enxebre.