O alcalde supervisou de Vigo, Abel Caballero, supervisou a montaxe dunha pasarela de 40 toneladas, á altura de Pi y Margall, que servirá como miradoiro e de acceso ao elevador que unirá Torrecedeira e Pi y Margall. O orzamento, de 2,8 millóns, inclúe a renovación completa do parque Camilo José Cela.
En declaracións aos medios, o alcalde bpuxo en valor que este proxecto se enmarca no Vigo Vertical, cofinanciado por fondos FEDER da Unión Europea, e presenta un orzamento de 2,8 millóns de euros en total.
Tanto o ascensor como a pasarela contan cunha "importante visión arquitectónica", anotou o rexedor, pois permiten gozar das vistas á ría tanto desde o miradoiro como desde o propio elevador.
En Conde de Torrecedeira, o que agora é un "caleixón" será convertido nunha nova praza de acceso ao ascensor, explicou o alcalde. Esta obra está a transformar ademais o parque Camilo José Cela, que terá novos espazos e zona de xogos para os máis pequenos.