A Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 56ª edición, terá lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de maio de 2019, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), convocou unha reunión para as adegas e colleiteiros da D. O. Ribeiro.
Participaron preto dun vintena de adegas e colleiteiros, e aproveitouse para informar das actividades e novidades do próximo evento, así como de abrir o proceso de inscrición.
O prazo para anotarse será ata as 14.30 h do xoves día 7 de febreiro de 2019, data improrrogable.
Poderanse anotar de forma presencial no Concello de Ribadavia, ou mediante o correo electrónico (ivan.aedl@ribadavia.es) ou no teléfono 988477100
Lembrar que tamén está convocado o concurso de carteis para seleccionar o que vai representar a 56ª Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará do 3 ao 5 de maio. A proposta que resulte gañadora do concurso será premiada con 1.000 euros.
A Feira do Viño do Ribeiro busca un cartel que faga alusión á D.O. Ribeiro e o seu #MovimientoRibeiro, termo que alude á renovación, ao rexurdir e á reinterpretación da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Tendo en conta que é unha D.O. con viños de calidade, de paisaxe e territorio. No concurso poderán participar profesionais de calquera nacionalidade, podendo presentar cada un deles unha única obra que terá que ser inédita.
A data de recepción dos proxectos estenderase ata o 14 de febreiro de 2019. A selección do gañador do concurso farase na semana do18 ao 22 de febreiro cun xurado experto, formado por profesionais do deseño e artes, momento no que se fará pública a imaxe e o seu creador.