O entroido de Xinzo acaba de converterse no primeiro entroido de Galicia en ser recoñecido como Festa de Interés Turístico Internacional.
Así o deu a coñecer o concello este martes a través da súa páxina web, resumindo cun "conseguido" a adquisición deste importante recoñecemento que xa se aplicará na edición deste ano.
Aínda que a noticia trascendeu hoxe, a decisión estaba tomada dende o pasado 14 de xaneiro, cando a Secretaria de Estado de Turismo do Ministerio de Industria Comercio y Turismo Dña.Isabel María Oliver Sagreras comunicoulle a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro e ao alcalde de Xinzo a decisión de conceder ao Entroido de Xinzo de Limia o “Título honorífico” de Fiesta de Interés Turístico Internacional.