Abanca eo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras renovaron un ano máis a súa colaboración cun novo convenio financeiro que medra con novas opcións de crédito para atender as demandas dos viticultores unha vez rematada a campaña da vendima.
O presidente da C.R.D.O. Valdeorras, José Luis García, e o director de zonade Abcanca en Ourense Este, Diego Fernández, rubricaronun novo convenio que reafirma o compromiso da entidade financeira cun segmento básico da economía produtiva da comarca e cun sector estratéxico para Galicia.
O convenio pon a disposición dos integrantes desta denominación de orixe a oferta sectorial vitivinícola da entidade bancaria. Un catálogo de produtos con alternativas de crédito que aborda especialmente algunhas das necesidades máis esenciaisunha vez rematada a campaña. Así, os produtores poderán acceder a préstamos específicoscon prazos de amortización amplos e xuros baixos. A oferta tamén complétase con outros produtos como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, avais e anticipos de subvencións ou impostos.
Do mesmo xeito, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos agricultores e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, ABANCA poñerá súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco ofrecerá aos interesados seguros específicospara o sectorcomo a Liña Agro Seguro, o Seguro de Explotación Agraria, o Seguro Casas de Labranza ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros.
Os produtores da DO Valdeorras tamén se beneficiarán das vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.Así mesmo, poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.