A Mariña Luguesa acollerá a cuarta edición do Raid Gallaecia, unha proba multideportiva que se celebrará entre o 10 e o 19 de maio nos concellos da Comarca da Mariña e en Muras, e na que participarán máis de 150 deportistas de todo o continente. A proba foi presentada polo presidente da Deputación, Darío Campos Conde, en Viveiro.
Trátase dunha carreira de aventuras por equipos, necesariamente mixtos, ou por parellas que une trekking, MTB, kayak, rappel, espeleoloxía e orientación cun total de entre 74 e 120 horas totais de competición. O percorrido transcorrera polos 16 concellos da Mariña así como por Muras e o municipio asturiano de Castropol, sendo Viveiro o centro neurálxico e punto de meta. Unha singular proba de preto de 500 quilómetros que contará con participantes de Estonia, Polonia, Francia, Holanda, Suíza e incluso de Uruguai e Brasil, ademais de equipos de diversos puntos da península.
Darío Campos explicou que “trátase doutra boa oportunidade para exportar o noso patrimonio natural como atractivo turístico e deportivo. Temos moito máis que ofrecer ademais das praias; o interior da Mariña é unha zona descoñecida para moitos, cun gran potencial polo seu valor ecolóxico e turístico”.