Este domingo Lalín volverá a vivir o seu día grande coa celebración da 51 edición da Feria do Cocido, cita gastronómica de Interese Turístico Nacional que non deixou de medrar dende aquela lonxana primeira edición de 1969.
Espérase unha afluencia dunhas 60.000 persoas que acudirán a degustar un prato que ten cambiado bastante pouco dende aquela lonxana primeira edición. O que sí cambiou foi todo o evento que o rodea, que este ano conta cunha extensa programación de máis de medio cento de actividades.
O alcalde da vila, Rafael Cuíña, quixo centrarse este ano en ““potenciar aqueles aspectos da Feira que se facían ben, que eran moitos, e introducir algúns cambios para que a feira recuperase a súa esencia”. O alcalde recorda que a celebración gastronómica exalta o noso prato máis singular e popular polo que debe coidar a sua condición de festa “aberta a todas e todos, unha feira do pobo e para o pobo na que haxa unha firme aposta pola calidade, a participación, a colaboración cidadá e a solidaridade”.
Un ano máis, o Cocido Solidario sustitúe á antiga comida oficial. Coa celebración deste evento o Concello pretende recaudar fondos con fins solidarios para destinalos a asociacións sen ánimo de lucro do municipio.
Outra das actividades destacadas será o espectáculo pirotécnico que terá lugar na véspera do día grande, unha iniciativa que se introduxo o ano pasado como unha das grandes novedades e que se repetirá en vista da boa acollida coa intención de “encher de contido, luz e cor unha das noites máis festivas, especiais e concurridas do ano en Lalín”.