
A través dunha carta enviada aos 313 alcaldes e alcaldesas, Gadis trasladou a invitación para converter o concurso nunha sa competencia na que cada Concello terá que achegar vídeos e /ou reportaxes fotográficas que apoien a súa candidatura, mostrando os aspectos máis destacados do seu Entroido, desde a vertente cultural á participación dos veciños.
Nos últimos meses do 2019, os clientes de Gadis, cos seus votos online, serán os encargados de designar aos gañadores. Entregarase un primeiro premio, de 30.000 euros, e dous accésits de 5.000 euros cada un. A dotación económica, que deberá ser reinvestida na próxima edición do Entroido, abonarase en xaneiro de 2020.
A posta en marcha deste concurso ratifica a implicación de Gadis con Galicia, á que lle une un profundo arraigamento desde as súas orixes. O apoio da compañía ás diversas manifestacións culturais da comunidade entronca co seu apoio ás economías locais, plasmado na súa estreita colaboración con máis de 900 produtores de proximidade.
A implicación de Gadis en promocionar as tradicións culturais e sociais galegas faise extensiva ao apoio que brinda a Concellos, asociacións, centros educativos e eventos como a Festa Choqueira da Coruña, a Festa da Filloa de Lestedo ou a Feira do Cocido de Lalín, que marcou cifras récord na súa última edición.