Méndez-Rojo recolle o premio pola promoción da gastronomía galega en Luar

A adega Terriña S.L., sociedade que representa o proxecto Méndez-Rojo Familia Bodeguera, xunto con Vía Romana Adegas e Viñedos, foron galardoadas O pasado 21 de xaneiro co “PREMIO Á EMPRESA QUE MÁIS CONTRIBUÍU Á PROMOCIÓN DA GASTRONOMÍA GALEGA E DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS GALEGOS”. 

O tribunal estivo formado polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e o secretario xeral do mesmo Concello ademais de representantes da Asociación de Amigos da Cociña Galega, do Club Gastronómico Rías Altas, da Asociación Gastronómica Xantares, dos portavoces de Eurotoques en Galicia e dos representantes da Asociación Nove Grupo Gastronómico.

A entrega do mesmo foi o venres 22 de febreiro no transcurso da Gala de Gastronomía de Galicia e que transmite en directo a TVG no programa Luar que dirixe Xosé R. Gayoso ó cal asistiu o director xeral Juan Luis Méndez que explica “Méndez-Rojo é unha homenaxe a Galicia, ás familias traballadoras, á agricultura e ao amor polo viño, un paso máis para acadar un soño. Queremos agradecer ó xurado que pensara en nós como unha empresa que promociona Galicia e os nosos viños no mundo, xa que esa foi e será a esencia da nosa familia adegueira dende os comezos”.

Méndez-Rojo é o legado dunha tradición familiar que comezou en 1940 como homenaxe a Galicia e a paixón pola viticultura. O compromiso ca terra ó longo dos anos fixo posible que conte con viños en todas as denominacións de orixe galegas.