Este luns celebrouse no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela a XVIII Edición do Campionato Galego de Coctelería, unha mostra de habilidade e distinción no servizo organizada pola Asociación Galega de Barmen, que corou ao santiagués Cristian Rodríguez como mellor Barman de Galicia 2019.
Cristian, de 33 anos e propietario de A Tasquiña de San Pedro (Santiago), será o encargado de representar en Galicia no campionato nacional que terá lugar en Navarra no vindeiro mes de Novembro, clasificatorio para a proba mundial.
Ata o campeonato nacional tamén terá que desprazarse Gabriel Vilar, mozo lucense de 25 anos formado no CIFP Compostela que agora traballa no Parador de Turismo de Toledo e onte conseguiu converterse no gañador da categoría Mellor Xoven Barman de Galicia.
Ademais da competición oficial clasificatoria para o campionato nacional, o Parador tamén acolleu unha proba paralela que premiu aos mellores cócteles elaborados con augardente de Galicia.