O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, amosouse moi satisfeito polos datos de turistas de recepción de turistas en Galicia aportados polo Clúster de Turismo de Galicia.
Na roda de prensa posterior ao consello da Xunta destacou que se cumpriron as mellores previsións cun aumento dos ingresos do 15% e un nivel de ocupación media que chegou a alcanzar o 95% nos días festivos da Semana
Feijóo sinalou que “o comportamento turístico de Galicia mellora sobre ás previsións iniciais e medra notablemente respecto ao ano pasado” e engadiu que o turismo se consolida como un piar básico da estrutura económica de Galicia.
En termos de ocupación o rango xeral situouse entre o 65% e o 85%, aumentando entre o Xoves e o Sábado Santo ata o 95% e chegando mesmo ao 100% en algunhas zonas como Ferrol, Viveiro ou a Ribeira Sacra. A provincia de Lugo foi unha das zonas que máis medrou cunha ocupación media do 93%, que supón un aumento interanual do 10%. Feijóo sinalou, neste senso, que se nota a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco e a designación do Xeoparque Montañas do Courel. Ademais, o presidente da Xunta cualificou de “espectacular” a chegada de 14.000 peregrinos a Santiago de Compostela, un 61% máis que en 2018. Tamén destacou os bos resultados do turismo rural cunha ocupación do 67%.