
Juan Casares impartiu unha charla sobre como se articularon os distintos asentamentos no Ribeiro ao longo da historia e as pegadas que deixaron nel. Neste senso comenta “o Ribeiro ten un patrimonio arquitectónico e cultural, ligado ao viño, moi rico, segundo algún autores, o máis importante da península”. Ademais, aproveitou para presentar a campaña da Ruta do Viño do Ribeiro “O Camiño do Viño” coa “intención de poñer en valor o noso territorio utilizando unha das maiores potencialidades sen explotar de todo: a nosa historia”.
O enfoque do congreso foi ameno e práctico, combinando puntos de vista técnicos cos que requiren ser tratados estes conxuntos urbanísticos; así como con casos prácticos de barrios xa existentes e as súas boas prácticas.