
Converxeron tres vectores esenciais do universo vinícola: os fundamentos agronómicos e vitícolas, a compoñente económica (óptica empresarial e promocional), e os valores transversais que aporta, nomeadamente co turismo e o consumo.
Participan neste foro autoridades da dimensión do doutor-enxeñeiro agrónomo José Hidalgo Tagores (Madrid), Carmen Martínez (CSIC), Rubén Lois (USC) ou Fernando González Laxe (catedrático de Economía Aplicada na UDC) entre outros especialistas de rango nas tres universidades galegas e expertos a pé de obra.
Na xornade de hoxe mércorres, Guillermo Campos, director fundador da revista HG&T, fará unha introdución ás cata e ás súa linguaxe.