
No país colombiano os
balnearios son espazos fundamentalmente recreativos, orientados ao lecer, mentres
que en Galicia se potencia a saúde e o benestar. Por esta razón buscan coñecer
o modelo termal da nosa da comunidade co fin de poder transformar e impulsar o
sector no seu país e reorientalo cara a unha perspectiva máis terapéutica.
A
través deste curso a delegación colombiana tivo a oportunidade de coñecer a riqueza
das aguas mineromedicinais de Galicia, así como os seus centros termais e os facultativos
médicos e técnicos que traballan no sector. Ademais, achegáronse a boa parte
dos balnearios galegos co fin de afondar no seu funcionamento e nas principais
técnicas que empregan.
O
director do curso é o profesor José Luís Legido, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo. sinala que
“Galicia é un referente mundial en termalismo pola diversidade das súas augas
mineromedicinais e polo potencial dos centros termais e dende Colombia están
moi interesados en coñecer o noso modelo para implantalo alí, onde posúen tamén
unha enorme riqueza de augas”.