O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou no Consello de Administración do Consorcio da Cidade de Santiago de Compostela, no que presentou o Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, destacando que se trata da folla de ruta que fará que Galicia amose todo o seu potencial ante o mundo o vindeiro Ano Santo.
Neste sentido, o titular do departamento autonómico expuxo a importancia da cooperación e colaboración entre administracións, recollida dun xeito explícito e central dentro do Plan.
De feito, propón incorporar á planificación as accións previstas desde Consorcio de Santiago, polo que o conselleiro avogou por consensuar “liñas de acción” entre as tres administracións que o conforman: o Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela.