Santa Marta SAT |
A tempada de vendima 2019 acaba de comkezar en Valdeorras co inicio das tarefas de recollida da uva nas adegas Santa Marta S.A.T. e María Teresa Núñez Vega, ambas as dúas integradas no Consello Regulador desta D.O.
“Malia os fenómenos meteorolóxicos adversos que afectaron á parte da colleita hai algunhas semanas, agardamos unha campaña moi boa”, asegura o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quen afirma que a produción podería superar “os seis millóns de quilos recollidos, moi por riba dos 4,7 millóns do ano pasado”.
Paulatinamente, e ao longo das vindeiras semanas, iranse incorporando ás tarefas de vendima outras adegas do territorio amparado como Rafael Palacios S.L. e o luns chega a quenda de Godeval S.L. Dende o Consello Regulador calcúlase que a campaña durará, aproximadamente, unhas seis semanas.