Pontevedra volverá aos anos vinte a partir da vindeira semana de mans de Ponte Coqueta, un dos programas máis agadardos da programación de Festas do verán.
Nesta ocasión ofrecerá unha programación de luns a domingo na que a cidade volverá a principios do século XX “cando se rexistraron grandes cambios sociais”, explicou esta mañá a concelleira de Festas, Carme da Silva, durante a súa presentación.

Ponte Coqueta é un convite aos pontevedreses a que se divirtan, bailen e volvan aos anos 20, 30 e 40. A programación inclúe unha exposición na Casa da Luz, conferencias, obradoiros infantís e para adultos, espectáculo de cabaré, mostras de swing, lindy hop e charlestón e outras moitas propostas, especialmente nas xornadas do venres, 30 de agosto, e o sábado, 31.