Esta fin de semana celebrarase en Lugo a segunda edición do Caudal Fest, un festival que reuniu xa reunira a 22.000 persoas na súa edición inaugural e que este ano conta con achegarse ás 30.000 grazas a un gran cartel que os converte na #últimagranfestadoverán.
Aínda que as previsións metereolóxicas non axudan, poucos asistentes faltarán a súa cita con grandes artistas do panorama galego e nacional. Para este venres os cabezas de cartel son os navarros de Marea, que regresan co seu primeiro disco en seis anos. Pero estarán acompañados doutros moitos atractivos como La Pegatina, La M.O.D.A. ou a galega Marem Ladson.
Mañá sábado tocarán os madrileños de Izal, unha das bandas máis potentes do panorama indie actual. Tamén subirán ao escenario artistas como Xoel López, Beret ou Carolina Durante.
Non sou poucos atractivos para un evento que gana forza nesta segunda edición, apoiado por un concello de Lugo consciente de que os sitúa no mapa nacional dos festivais, A alcaldesa da cidade Lara Méndez, xa destacara na presentación do Caudal Fest as nominacións nacionais e a nominación europea que conseguiu o Caudal Fest o pasado ano, situándoo como unha iniciativa que entronca coa intención do Concello de seguir fomentando alternativas e espazos de lecer na cidade.